Estás en:Novas

O servizo de Teleasistencia da Deputación chega a 3.152 persoas e amplía a cobertura aos municipios de ata 75.000 habitantes

O pleno aprobou hoxe a ampliación do servizo a municipios de ata 75.000 habitantes, o que permitirá dar servizo á cidade de Ferrol

O número de persoas usuarias incrementouse en 249 no último ano

A central de asistencia, situada na Coruña, funciona 24 horas ao día, os 365 días do ano e conta con 3.152 persoas usuarias activas en toda a provincia, a maioría delas maiores que residen soas no seu domicilio

Carballo con 183 persoas usuarias, Narón (166), Ribeira (109), Malpica (91), Culleredo (89) e Melide (88) son os municipios con maior número de dispositivos do servizo de teleasistencia provincial

O servizo de Teleasistencia da Deputación chega a 3.152 persoas e amplía a cobertura aos municipios de ata 75.000 habitantes

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe a proposta do goberno provincial de ampliar o servizo de Teleasistencia aos municipios de ata 75.000 habitantes, aumentando así a cobertura actual, que chegaba aos 90 municipios da provincia con menos de 50.000 habitantes, todos a excepción das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol.

Con esta medida, a Deputación da Coruña poderá ofrecer este servizo de Teleasistencia tamén á cidade de Ferrol, que xa mostrou o seu interese en sumarse ao mesmo.

A día de hoxe son xa 3.152 as persoas as que se benefician do servizo de Teleasistencia domiciliaria (TAD) da Deputación da Coruña, que conta cunha central situada no polígono coruñés da Grela. Desde finais do ano 2021, cando se contaba con 2.903 usuarios e usuarias, rexistráronse 240 novas altas.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que "non deixan de aumentar as persoas que se benefician deste servizo" e comentou que "como sempre dixemos, o noso obxectivo é seguir medrando e agora os ferroláns e ferrolás tamén poderán facer uso deste servizo social tan importante, do que estamos profundamente orgullosos porque sabemos que é útil e mellora a vida da xente".

Eloxiou tamén "o gran traballo que realizan as operadoras para acompañar aos nosos maiores que viven sós e dar tranquilidade ás súas familias, que saben que se pasa algo hai alguén pendente ao outro lado do botón vermello durante as 24 horas do día".

Facilidade de acceso ao servizo

A Teleasistencia é gratuíta para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional. Calquera persoa pode acceder demandándoo a través dos servizos sociais dos concellos.

Carballo, con 183 persoas usuarias, Narón (166), Ribeira (109), Malpica (91), Culleredo (89 e Melide (88) son os municipios que contan con maior número de beneficiarios do servizo de teleasistencia en toda a provincia.

Preto dos usuarios

As teleoperadoras do servizo de teleasistencia provincial realizan, todos os días, ao redor de 500 chamadas de control desde a central. No que vai de ano, emitíronse un total de 11.321 chamadas. O obxectivo: interesarse sobre se a persoa descansou ben, tomou a súa medicación e se atopa en bo estado de saúde.

Cada usuario ou usuaria leva consigo un intercomunicador as 24 horas do día, que se executa a través dun pequeno botón que incorpora unha liña de conexión telefónica, e a información que aporta queda rexistrada nun programa informático, co que se crea un expediente individualizado que permite un seguimento máis completo e eficaz.

Algunhas das funcións que se realizan son: recordatorio da hora da medicación ou dunha cita médica, felicitarlles polo seu aniversario, interesarse polo seu estado de saúde... Ademais, os usuarios poden chamar á central no caso de emerxencias ou accidentes ou, simplemente, que queiran falar coas operadoras.

NÚMERO DE PERSOAS USUARIAS DA TELEASISTENCIA POR CONCELLOS

A Coruña/ As Mariñas 

CONCELLOS

USUARIOS

Abegondo

23

Aranga

8

Arteixo

84

Bergondo

59

Betanzos

38

Cambre

47

Carral

31

Coirós

19

Culleredo

89

Curtis

65

Irixoa

7

Miño

22

Oleiros

78

Oza-Cesuras

43

Paderne

25

Sada

65

Sobrado

11

Vilasantar

27

Total

741


BERGANTIÑOS/ COSTA DA MORTE

CONCELLO

USUARIOS

Cabana De Bergantiños

25

Camariñas

20

Carballo

183

Cee

37

Cerceda

32

Corcubión

16

Coristanco

13

Dumbría

14

Fisterra

23

Laracha (A)

29

Laxe

47

Malpica De Bergantiños

91

Muxía

25

Ponteceso

51

Vimianzo

37

Zas

22

Total

665

SANTIAGO

CONCELLO

USUARIOS

Ames

61

Arzúa

80

Baña (A)

28

Boimorto

25

Boqueixón

36

Brión

14

Dodro

8

Frades

6

Melide

88

Mesía

12

Negreira

30

Ordes

13

Oroso

34

Padrón

10

Pino (O)

30

Rois

24

Santa Comba

40

Santiso

9

Teo

78

Toques

13

Tordoia

13

Touro

28

Trazo

11

Val Do Dubra

16

Vedra

5

Total

712

BARBANZA

CONCELLO

USUARIOS

Boiro

58

Carnota

20

Lousame

17

Mazaricos

13

Noia

31

Outes

61

Pobra Do Caramiñal (A)

34

Porto Do Son

32

Rianxo

76

Ribeira

109

Total

451

FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL

CONCELLO

USUARIOS

Ares

9

Cabanas

23

Capela (A)

6

Cariño

33

Cedeira

41

Cerdido

5

Fene

32

Mañón

11

Moeche

5

Monfero

15

Mugardos

34

Narón

166

Neda

15

Ortigueira

62

Pontedeume

22

Pontes De García Rodríguez (As)

32

San Sadurniño

30

Somozas (As)

2

Valdoviño

34

Vilarmaior

5

Total

582