Abracadabra Nº 55 (outubro - novembro -decembro 2022)
Non. Non. Que non! Non pode ser... Non quero... Pero... será verdade? é posible que...? E, en caso de ser certo... seica importa? Ahhhh! Ola! Estabades aí? Perdoádeme por non decatarme antes, pero atópome un pouco... non sei... como nadando nun mar de confusión...
Xa está aquí o novo número da vosa revista Abracadabra.
Nesta ocasión falamos do mundo da robótica, unindo a revista coas actividades para nenos que se imparten na biblioteca neste trimestre do ano.
Tamén encontraredes pasatempos, arte e cociña robótica!
Así que mantede a mente aberta,sentide..., é dicir, almacenade, ordenade e procesade.!
Aquí vos deixamos o Nº 55 da revista Abracadabra.