Estás en:Novas

Día das Escritoras e #LeoAutorasOct

"Un año más – avanza Ana Santos Aramburo, directora de la BNE – recuperamos la palabra de mujeres escritoras que en sus textos reflejan sentimientos, búsquedas y luchas. Mujeres valientes cuya obra, en muchas ocasiones, ha sido ignorada. Rescatar hoy su voz es un acto de justicia y reconocimiento hacia todas ellas". El lema de este año, destaca, "es un homenaje al papel fundamental que han cumplido en situaciones de conflicto bélico y ayuda a reflexionar y contemplar con otros ojos una situación de sufrimiento, pero también de generosidad y compromiso".

Día das Escritoras e #LeoAutorasOct

A Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas, celebran o Día das Escritoras para reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia.

Cada ano, esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro, no Salón da Actos da Biblioteca Nacional de España e noutras entidades e institucións nacionais e internacionais que se suman á iniciativa.

Para cada edición desígnase unha comisaria, que elixe o tema en torno ao cal realiza unha selección de textos de destacadas escritoras españolas e hispanoamericanas, que posteriormente son lidos por persoas de recoñecido prestixio social e cultural, entre as que hai unha especial representación de creadoras en activo.

A sétima edición do Día das Escritoras céntrase nun tema tan complexo e heterodoxo como a guerra desde o punto de vista das mulleres. A selección, que desde a Biblioteca Provincial da Coruña presentamos, ademáis de tomar conta das suxerencias e recomendacións que propón a BNE, quixemos achegar tamén a autoras de fala non hispana, que completan a visión que esta edición procura.
Ao mesmo tempo, con motivo desta data celébrase nas redes sociais durante todo o mes de outubro a iniciativa #LeoAutorasOct, que xurdiu dun grupo de twitteiras ao atopar grande desigualdade entre o número de escritores e escritras que se lían ao ano. Decidiron así que desde as redes sociais incitarían a que neste mes de outubro se lese só escritoras. Podes seguir a iniciativa no Twitter no perfil @leoautoras.
En na #EBIBLIODACORUNA preparamos un carrusel para facilitarvos o préstamo 
Animámoste a seguir a iniciativa lendo a escritoras, pero non só todo o mes, senón incluso todo o ano.