Resolución do concurso #HoxeEscriboEn
Resólvense os premios do concurso de relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña.
Reunido no Pazo Provincial ás 12:00 horas o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca Provincial en colaboración coa sección de
Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación Provincial, conclúese que se presentaron 31 traballos correspondentes a 30
participantes.
Despois do exame das obras presentadas, realízase a rolda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:
PRIMEIRO PREMIO: Nº 28 Título: Balea Negra, do que é autora Alba Sánchez Ares, referido ao Concello de Camariñas.
SEGUNDO PREMIO: Nº 21 Título: A Dama de Castro de Betanzos, do que é autora Isabel María Bernal Gándara, referido ao Concello de Betanzos.
TERCEIRO PREMIO: Nº 25 Título: Escuridade, do que é autora Alba Alonso López, referido ao Concello de Pontedeume.
O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxecto do concurso e ademais por destacar polos seguintes aspectos:
Balea Negra, por ser un texto que se axusta ao obxectivo do concurso no que se salienta a súa calidade literaria e a mensaxe que transmite, as referencias literarias e o amplo vocabulario así como a alusión a todos os aspectos culturais e folclóricos de Camariñas.
A Dama de Castro de Betanzos, por ser un relato cun estilo fluído que resalta a importancia das mulleres a través da Dama de Castro.
Escuridade pola orixinalidade do tema reivindicando a importancia de non perder a nosa memoria histórica. Destaca o estilo e a viveza que transmite.
Por último, o xurado tamén propón que dada a calidade xeral dos traballos presentados, reciba cada un dos participantes lotes de libros e produtos da provincia, que segundo as bases do concurso se ían sortear entre as persoas participantes dos concellos.
Parabéns ás persoas gañadoras e a todas as participantes!
Podedes ler os traballos gañadores nas seguintes ligazóns:
Proximamente informaremos da data para a entrega dos premios e dos lotes a todas as persoas participantes.