Bases reguladoras e convocatoria 2023 de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais.
Axencia Galega das Industrias Culturais
RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento UE 2021/241, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404E).
BDNS (Identif.): 656222.
Artigo 3. Entidades beneficiarias
(...)
Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221104/AnuncioG1097-211022-0001_gl.pdf