Estás en:Novas

Orde HFP/1070/2022 que establece relación doutros materiais cuxo incremento de custo deberá terse en conta na revisión de prezos dos contratos de obras.

Ministerio de Facenda e Función Pública

Orde HFP/1070/2022, do 8 de novembro, pola que se establece a relación doutros materiais cuxo incremento de custo deberá terse en conta para os efectos da revisión excepcional de prezos dos contratos de obras establecido no Real decreto-lei 3/2022, do 1 de marzo.

Artigo único.
De conformidade co establecido no artigo 7.1 do Real decreto-lei 3/2022, do 1 de marzo, de medidas para a mellora da sustentabilidade do transporte de mercadorías por estrada e do funcionamento da cadea loxística, e polo que se transpón a Directiva (UE) 2020/1057, do 15 de xullo de 2020, pola que se fixan normas específicas con respecto á Directiva 96/71/CE e a Directiva 2014/67/UE para o desprazamento dos condutores no sector do transporte por estrada, e de medidas excepcionais en materia de revisión de prezos nos contratos públicos de obras, para os efectos do recoñecemento da revisión excepcional de prezos que a dita norma regula, deberá terse en conta adicionalmente o incremento de custo dos seguintes materiais:
– Cemento.
– Materiais cerámicos.
– Madeira.
– Plásticos.
– Produtos químicos.
– Vidro.

https://www.boe.es/boe/dias/2022/11/10/pdfs/BOE-A-2022-18445.pdf