Estás en:Novas

Convocatoria probas selectivas promoción interna, subescala de Secretaría, categoría de Entrada (FHN)

Ministerio de Facenda e Función Pública

Orde HFP/1073/2022, do 4 de novembro, pola que se convocan probas selectivas para o acceso, por promoción interna, á subescala de Secretaría, categoría de Entrada, da Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. Convócanse probas selectivas para cubrir 110 prazas por promoción interna de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de Secretaría, categoría de entrada.

https://www.boe.es/boe/dias/2022/11/11/pdfs/BOE-A-2022-18488.pdf 

a) Fase de oposición.

A fase de oposición consistirá na realización dun exercicio único que se indica a continuación e que será eliminatoria.
Exercicio único:
O exercicio consistirá na resolución dun ou varios suposto prácticos (cun máximo de catro) referentes ás funcións de Secretaría que o Tribunal Cualificador determine, durante un prazo máximo de 4 horas e que estarán relacionados con temas de organización, funcionamento e competencias das entidades locais de categoría de entrada, procedemento administrativo común, réxime xurídico do sector público, persoal, contratación, bens, expropiación e servizos públicos.