Estás en:Novas

Ampliación prazo xustificación axudas a EELL Galicia para o fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais 2022 e 2023.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 23 de novembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N).

«4. A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será:
a) O 30 de decembro de 2022 para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2022.
b) O 30 de decembro de 2023 para os gastos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023».

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221129/AnuncioG0532-231122-0003_gl.pdf