Modificación resolución bases reguladoras subvencións para creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria.
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MR711D).
«O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2022 será o 15 de decembro de 2022».
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221129/AnuncioO90-211122-0001_gl.pdf