Presentación do libro Hoxe Escribo En
A Deputación da Coruña publica os relatos do concurso das edicións de 2020 e 2021
No mesmo acto de entrega de premios da edición do 2022, tamén se presentou o volume 'Hoxe escribo en' que recolle todos os relatos presentados durante as edicións 2021 e 2022.
Na presentación participaron a directora da Biblioteca provincial, Carmen Ferreiro, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, a técnica de xestión de proxectos de Turismo, Paula Cabado, e o ilustrador do libro, Xosé Cobas.
A edición recolle os relatos e ilustracións dos lugares feitos polo artista provincial Xosé Cobas.
O libro encóntrase na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña ( Sin. LDC/60) e tamén na Biblioteca Dixital eBiblioDaCoruna. Podes prestar e ler o #HoxeEscriboEn aquí
Convén lembrar que o certame #hoxeescriboen está convocado pola área de Turismo da Deputación en colaboración coa Biblioteca provincial e premia as persoas gañadoras con estadías en establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade (nesta edición, da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo).
O obxectivo da convocatoria é o de premiar a creatividade e promocionar os recursos turísticos dos concellos da provincia da Coruña. Para participar era preciso redactar un relato, ambientado ou referido a un concello en particular e que podía estar relacionado coa historia local, cunha lenda, cunha tradición, cun persoeiro destacado ou mesmo cos recursos naturais, culturais ou medioambientais do territorio que convide a animar a visitalo.