Modificación das bases de subvencións vinculadas ao Proxecto Talento Interxeracional
Resumo:
«1. Unha vez notificada a resolución de concesión da axuda, e ata as datas límite que se establecen para a presentación da xustificación correspondente a cada anualidade, as entidades beneficiarias presentarán a xustificación ante a dirección xeral competente en materia de xuventude e voluntariado referida á totalidade do proxecto avaliado pola comisión de acordo coa súa planificación plurianual e co indicado nesta orde.
Neste sentido, as actividades que se desenvolvan no ano 2022 xustificaranse non máis tarde do 30 de decembro de 2022 e as programadas para o exercicio 2023 xustificaranse dentro deste exercicio e non máis tarde do 1 de novembro de 2023».