Estás en:Novas

Blas García destaca o apoio da Deputación ao proxecto Sionlla Biotech, “que situará Santiago como referencia biotecnolóxica no noroeste peninsular"

O deputado de Promoción Económica estivo presente na homenaxe ao asociado 2022 da Asociación Área Empresarial do Tambre

Blas García destaca o apoio da Deputación ao proxecto Sionlla Biotech, “que situará Santiago como referencia biotecnolóxica no noroeste peninsular

O deputado de Promoción Económica, Blas García, participou na xornada de onte no evento de homenaxe ao asociado 2022 da Asociación Área Empresarial do Tambre, onde destacou o apoio da Deputación ao proxecto Sionlla Biotech, que segundo as súas palabras "é unha aposta de futuro estratéxica, que situará a Santiago como unha referencia no ámbito da biotecnoloxía na zona noroeste da península ibérica".

Xunto ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, García quixo felicitar a todas as empresas premiadas por acadar os 25 anos no parque empresarial do Tambre e subliñou "a aposta importante que fai a Deputación polo emprego cun Plan de Emprego Local que xa leva investidos máis de 25 millóns de euros en toda a comarca de Compostela".

Por último, incidiu na "importancia de traballar conxuntamente e fortalecer a coordinación entre as diferentes administracións para reforzar os apoios ao tecido empresarial da zona".