Nadal de plastilina na Bebeteca
Do 23 de decembro ao 4 de xaneiro a Bbtk Infantil organiza talleres de plastilina para que os máis pequenos poidan crear as súas personaxes favoritas.
Talleres de balde orientados a nenos e nenas de 3 a 6 anos, impartidos por Ana Tenreiro.
Datas dos talleres segundo as idades:
Para 3 e 4 anos serán de 18:30 a 19:30 h os días:
• 23, 27 e 29 de decembro
• 2 e 4 de xaneiro
Para 5 e 6 anos serán de 18:00 a 19:30 h os días:
• 26, 28 e 30 de decembro
• 3 de xaneiro
10 prazas por sesión.
Entrada libre ata completar aforo, neste caso non é preciso inscribirse.
Cada neno/a deberá estar acompañado/a por unha persoa adulta. Terán preferencia as persoas socias.