A Deputación destina 355.000 euros a executar unha pasarela na DP 1702 sobre a liña de ferrocarril no concello de Cambre
Trátase dun itinerario moi utilizado que conecta o núcleo do municipio coa marxe contraria do río Mero, onde se sitúa, entre outras instalacións, o IES David Buján
A Deputación da Coruña destinará 355.117 euros para executar unha senda peonil e unha pasarela sobre a liña de ferrocarril na estrada provincial DP-1702, no concello de Cambre. O proxecto foi aprobado hoxe por unanimidade no pleno da Corporación provincial, o último do presente ano.
A actuación, que se levará a cabo entre o PQ 0+970 e o PQ 1+070, inclúe unha pasarela metálica para cruzar a liña de ferrocarril , ademais da construción de dous novos pasos de peóns elevados. A pasarela proxéctase en celosía de aceiro, cunha lonxitude de 22 metros, e levará sendas de acceso pavimentadas.
Trátase dun itinerario moi utilizado que conecta o núcleo do municipio coa marxe contraria do río Mero, onde se sitúa, entre outras instalacións, o IES David Buján.
Con esta nova execución mellorarse a seguridade nunha zona de moito tránsito e crearase unha infraestrutura renovada que redundará no beneficio da veciñanza.