A Deputación promociona en Fitur os proxectos ‘Os fogóns do Anllóns’ e ‘Fragas do Eume’ a través das voces do tecido social do territorio
Alcaldes, cociñeiros e cociñeiras, empresarios, deportistas, e mariscadoras protagonizan o audiovisual que acompañará a presentación do Plan de sustentabilidade turística en destino de 'Os Fogóns do Anllóns'; mentres que o audiovisual do Plan das 'Fragas do Eume' se centrará na dimensión sustentable da comarca como recurso turístico
Aproveitar "a oportunidade dos fondos europeos"
Formoso comentou que "para nós, unha entidade tan vinculada aos concellos como é a Deputación, é unha cuestión transcendental" e incidiu en que "estase abrindo unha espita que hai que ordenar, sobre a que hai que reflexionar, e hai que aproveitar os inxentes fondos europeos que o propio Goberno está teledirixindo a todos os operadores que teñan algunha necesidade enerxética xa no ámbito familiar ou no industrial e comercial".
Pola súa parte, Carlos Amoedo destacou que "estamos nun cambio de época, enfrontámonos ao desafío do cambio climático e da crise enerxética, da transformación das fontes de enerxía a outras máis sustentables, e, nese sentido, os entes locais teñen uns desafíos moi concretos". "Son uns convidados de pedra a todo o que está pasando nos mercados enerxéticos e vense con moitas dificultades á hora de evitar que haxa problemas de pobreza enerxética, que se disparen os prezos da enerxía...", afirmou.
O director da Cátedra de Dereito Local da USC considera que "era necesario facer unha xornada para discutir todos estes asuntos, onde hai poucas certezas e polo tanto onde é máis necesario ampliar o coñecemento, falar con especialistas que nos digan ata onde poden chegar os entes locais coas políticas enerxéticas, e como poden facerse cargo de estimular o cambio de modelo enerxético para facer que a veciñanza teña un acceso máis barato e máis eficiente a estas fontes de enerxía".
Especialistas e unha mesa redonda para abordar o asunto enerxético
A Cátedra de Dereito Local, a Deputación e a Universidade da Coruña organizou hoxe a xornada sobre "As políticas enerxéticas das entidades locais: novos escenarios" baixo a dirección do coordinador da Cátedra, Carlos Alberto Amoedo Souto.
Tendo en conta que a subministración accesible de enerxía eléctrica nos fogares é unha necesidade humana básica para unha vida digna, a Cátedra de Dereito Local pretendía abrir o debate sobre o papel que poden desempeñar as entidades locais na atención a esta necesidade, nun escenario de crecente encarecemento da electricidade por mor da invasión rusa de Ucraína e da transición enerxética cara a combustibles non fósiles.
Abordáronse as posibles políticas públicas no ámbito do municipalismo, como o estímulo da eficiencia enerxética a través de ordenanzas locais, a contratación pública e a política fiscal, ata a produción e a comercialización eléctrica, pasando polo impulso das comunidades enerxéticas.