Manuel Murguía: centenario do seu pasamento
Murguía é, sen dúbida, unha das personalidades máis decisiva do XIX galego, esta afirmación aséntase en que foi quen mellor identificou, analizou, definiu e asentou as bases para a construción do imaxinario nacional colectivo. Tal como o denomina o Xurxo Martínez González, foi o cerebro do Rexurdimento.
O 1 de febreiro de 1923 os ollos de Murguía pechábanse para sempre. A despedida que lle brindou o pobo ateigaba as rúas da Coruña. O seu corpo repousa, canda os fillos, no cemiterio de en San Amaro, nesta mesma cidade.
Murguía é, sen dúbida, unha das personalidades máis decisiva do XIX galego, esta afirmación aséntase en que foi quen mellor identificou, analizou, definiu e asentou as bases para a construción do imaxinario nacional colectivo. Tal como o denomina o Xurxo Martínez González, foi o cerebro do Rexurdimento.
Para esta biblioteca esta figura cobra tamén un cariz sentimental, pois foi un dos seus máis insignes e nomeados bibliotecarios, pois exerceu como Arquiveiro-Bibliotecario da Deputación da Coruña.
FONDOS
Na biblioteca contamos con primeiras edicións dalgunhas das súas obras, das que de seguido achegamos unha pequena mostra:
Se o que queres é afondar nesta figura cimeira da nosa historia, na biblioteca tamén contamos con interesantes ensaios que analizan a súa vida e o seu legado, tal é o caso dos exemplos que seguen:
Naceu o 17 de maio de 1833 en Froxel (Arteixo), fillo do boticario Juan Martínez e de Concepción Murguía. O seu pai trasladouse despois a Compostela no ano 1937, e foi alí onde o neno Murguía foi testemuña da Revolución de 1846, episodio que o marcou fondamente, tal como el mesmo ten relatado en diferentes ocasións.
Toda a súa vida está fortemente imbricada aos principais acontecementos que arredor da política e cultural teñen lugar en Galicia durante o século XIX e comezos do XX. Fundador da Real Academia Galega, foi tamén o seu primeiro presidente. Era un dos principais integrantes da chamada Cova Céltica, tertulia política que foi berce do rexionalismo, así como xérmolo da edición en galego. Escribiu nos primeiros xornais que publicaron no noso idioma. Pai da construción do mito fundacional baseado no celtismo e un tan longo etcétera que non dariamos rematado.
As principais institución culturais do país están tamén abordando a figura de Murguía con actividades conmemorativas tal como se pode ver nos seguintes enlaces:
Consello da Cultura Galega (Álbum de Galicia):
http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=2468
Real Academia Galega (Xornadas Manuel Murguía):
https://academia.gal/emision-en-directo
Pola nosa parte, tamén seguiremos achegándovos materiais e actividades relacionadas con Murguía ao longo deste ano no centenario do seu pasamento.