Estás en:Novas

A Deputación remata as obras de mellora dos tres primeiros quilómetros da estrada DP-0106, entre Abegondo e Carral

As obras, incluídas no Plan de Conservación de Estradas, supuxeron un investimento de 248.000 euros

A Deputación remata as obras de mellora dos tres primeiros quilómetros da estrada DP-0106, entre Abegondo e Carral

A Deputación da Coruña rematou as obras de renovación de pavimento da estrada provincial DP-0106 entre os puntos quilométricos PQ 0+000 e 3+170, no límite dos concellos de Abegondo e Carral.

Os traballos, incluídos no Plan de Conservación de Estradas, supuxeron un investimento de 248.000 e incluíron o despexe e limpeza de cunetas, a poda das árbores que supuñan risco para a seguridade viaria e o posterior asfaltado deste tramo de vía, xunto coa reposición da sinalización horizontal e vertical e das tapas de rexistro e pozos.

Este ano, a Deputación da Coruña investirá máis de 10,1 millóns de euros no Plan de Conservación, que inclúe obras de mantemento, reparación do firme e pavimentación de estradas da rede viaria da Deputación, destinadas a mellorar as condicións de circulación, aumentar a seguridade viaria e reducir a súa perigosidade.

A maior parte dos investimentos destinaranse á renovación de firmes e capas de rodadura, así como á renovación da sinalización vertical e horizontal, mentres que a apertura e limpeza de cunetas e a instalación de defensas viais u obras de drenaxe, supoñen arredor do 15% dos investimentos.