Estás en:Novas

Mercedes Monmany, premio de xornalismo da Fundación Mercedes Calles e Carlos Ballestero

Mercedes Monmany, premio de xornalismo da Fundación Mercedes Calles e Carlos Ballestero

Na Biblioteca Provincial estamos de celebración polo premio outorgado, por unanimidade do xurado, a Mercedes Monmany polo seu artigo "Europa: de Extremadura a Berlín" publicado no Ideal de Granada o pasado 17 de decembro.


O premio, concedido pola fundación estremeña "Mercedes Calles e Carlos Ballestero" valora a difusión dos valores sociais, humanos, culturais, artísticos ou monumentais de Cáceres e será entregado o próximo mes de abril na devandita cidade.


Este galardón vén ampliar a lista dos xa recibidos por Mercedes Monmany, como son a medalla Chevalier des Arts et des Lettres da República Francesa, Cavaliere dell'Ordine della Stella d'Italia, a Medalla de Ouro da República de Serbia, o Premio de ensaio José Manuel Caballero Bonald... Non é de estrañar para quen está afeito a ler os seus artigos, agudos e informativos, que esta longa sucesión de premios se vaia acrecentando.


Desde a Biblioteca Provincial queremos darlle os parabéns a Mercedes por este novo merecido triunfo, que nos alegra e nos enche de orgullo, porque sabemos que os galardóns que ela recibe fainos en parte nosos e, en definitiva, de todas as persoas usuarias da Biblioteca.

Foto: FMCCB de Cáceres