Estás en:Novas

Paula Carballeira

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Paula Carballeira

Paula Carballeira é actriz, autora e contadora de historias. Naceu en Fene e reside en Compostela, e a súa obra conta con diversos premios como o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil (que gañou en diversas ocasións) e o Concurso nacional de contos infantís O Facho.

Gran parte do seu traballo discorre dentro do eido da narrativa e o teatro infantil e xuvenil, pero tamén publicou varios poemarios, como Contatrás ou Alicia & Alicia.
Forma parte da compañía de teatro Berrobambán e ten participado en numerosos festivais de narración oral nacionais e internacionais.
Entre as súas obras de literatura infantil e xuvenil recomendamos:

      • Boas noites (coa sinatura:  T CAR boa / v)
      • O refugallo (coa sinatura: T CAR ref / v)
      • Somos os monstros (dispoñible na EbiblioDaCoruna)
      • Contatrás (P 869.9 CAR con / a)
      • Alicia & Alicia (GAL/16520)
      • The Beginning (N CAR beg / z)
      • Los Colores del miedo = as cores do medo (N 869.9 CAR col / a)
      • Correo urgente (N CAR cor / r)
      • O Lobishome de Candeán (N 869.9 CAR lob / a)
      • Smara (N CAR sma / v)

Podes atopar estas e outras obras da autora na Biblioteca e tamén na EbiblioDaCoruna.