Estás en:Novas

Éxito de participación na segunda proba da Copa Deputación de Balonmán na Rúa en Cerceda

Abegondo Magics e Abegondo SuperStars foron os equipos campións desta segunda xornada do Torneo provincial

Éxito de participación na segunda proba da Copa Deputación de Balonmán na Rúa en Cerceda

A segunda proba do Torneo 5x5 Deputación da Coruña de Balonmán que se celebrou esta fin de semana en Cerceda foi un éxito, tanto de asistencia de público como de participantes nun evento deportivo que congregou na localidade a centos de seguidores durante os tres días de competición.

Os campións desta segunda proba foron os equipos Abegondo Magics e Abegondo SuperStars, integrados por pequenos e pequenas deportistas entre os 6 e os 11 anos. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, foron os encargados de entregar as medallas aos gañadores e gañadoras das distintas categorías.

Tras as primeiras probas en Carballo e Cerceda, a competición continuará as vindeiras semanas en Ferrol, Muros, Arzúa e Ribeira, e rematará cunha gran final en Camariñas, entre o 19 e o 21 de maio.