Feliz San Valentín!
Chegou o 14 de febreiro! Unha data celebrada e deostada a partes iguais, pero na que, sexas da opinión que sexas, na Biblioteca non nos resistimos a sacar todo o arsenal de novelas, películas e música romántica para amenizar esta data. Traémosche varias propostas!
CITA A CEGAS
Déixate sorprender por algún dos libros sorpresa que empaquetamos para ti. Novidades literarias que seguro que están entre as túas listas de pendentes. Elixe un a cegas e lévao contigo á casa para pasar esta data. E cando o remates, cóntanos como foi a túa cita cubrindo a enquisa que che proporcionamos co libro e deixándoa no buzón.
LIBROS SOBRE O AMOR NA EBIBLIODACORUNA
Na biblioteca dixital atoparás un carrusel de San Valentín con novelas románticas e outros libros sobre o amor… Elixe un para pasar o día soñando…
AMORES DE PELÍCULA
Pásate pola Sala 1 e elixe entre a selección de películas para pasar un momento romántico e divertido. Temos unha boa selección, seguro que atopas algunha que aínda non viras.
LECTURAS DE MIL AMORES
Na Biblioteca Xuvenil temos unha selección de lecturas sobre o amor, e unha guía de lectura que podes consultar para elixir o libro que máis se adapte aos teus gustos. Podes acceder á guía premendo aquí.