Eli Ríos
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Elisabet Ríos Liste, máis coñecida como Eli Ríos, é una escritora galega que cultiva diversos xéneros. Naceu en Londres no ano 1976, aínda que se criou en terras de Ordes.
Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega (@aSega_critica).
Conta con numerosos premios, entre os que destacan o Miguel González Garcés, o Torrente Ballester ou o Francisco Añón entre outros.
Na Biblioteca provincial disponemos dalgunhas das súas obras tanto en formato físico como dixital. Entre elas, recomendamos o poemario Ningunha tortilla é mala (GAL P 13) e a súa novela O ceo das reixas (GAL/17377 e Ebiblio), onde a autora recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.
A seguir recollemos algunhas das obras da autora que podes levar en préstamo:
[Poesía]
• Doe tanto a túa ausencia (traxedia dun solitario acto) (GAL/12477)
• Culpable (GAL/17023)
• Ningunha tortilla é mala (GAL P 13)
[Novela]
• Luns (GAL/180 e Ebiblio)
• O ceo das reixas (GAL/17377 e Ebiblio)
[Literatura infantil-xuvenil e Ensaio]
• Marta e a píntega (Ebiblio)
• DX (GAL/10988)
• Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno (929 MUL / v).