Rosa Aneiros
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
A escritora, nada en Meirás (Valdoviño) no 1976, é xornalista e investigadora da Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega.
Colabora en distintos medios de comunicación impresos e dixitais, como culturagalega.org, Diario de Pontevedra, El Progreso, El Ideal Gallego, El País Semanal, Cerna, Faneka brava, Grial, Fadamorgana ou Casa da gramática.
Desde que presentou a súa primeira novela Eu de maior quero ser (1999) seguiron moitas, así como relatos, literatura infantil e xuvenil e alguna incursión no mundo audiovisual.
Acompaña a súa obra un importante número de premios como o Modesto Rodríguez Figueiredo (Pedrón de Ouro, 1998); o Manuel Lueiro Rey (1996); o Manuel Murguía (2001), o Carvalho Calero (2001) e o Premio Arcebispo Juan de San Clemente (2003).
Dende a Biblioteca recomendamos Veu visitarme o mar (Premio Losada Diéguez de Creación Literaria, 2005): É a noite do 12 de novembro de 2002; unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Alba, bióloga mariña, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios que ameazan con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma.
Achegamos algunhas das súas obras que podes atopar en papel ou dixital na Biblioteca:
Narrativa:
• Corazóns amolecidos en salitre (2002). GAL/10430
• Resistencia (2002). GAL N 26
• Veu visitarme o mar (2004) GAL/11605
• Sol de inverno (2009). GAL/14478 e na Ebiblio https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/solo-la-oscuridad-00290244
• Ás de bolboreta (2009). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/as-de-bolboreta-00038207
• Sibila (2021). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/sibila-00101905
Literatura infantil e/ou xuvenil:
• Ámote Leo A. Destino Xalundes (2013). GAL/16869 e [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/amote-leo-a-destino-xalundes-00038200
• Ámote Leo A. Estación de tránsito (2014). GAL/2259 e [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/amote-leo-a-estacion-de-transito-00038201
• Ámote Leo A. Terminal de... chegadas? (2014). GAL/2316 e [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/amote-leo-a-terminal-de-chegadas-00038203
• A batalla da pequena Chañan Curi Coca (2017). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/a-batalla-da-pequena-chanan-curi-coca-00094388
• Orestes perde o sentido! (2019). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/orestes-perde-o-sentido-00039124
• Xelís, o guieiro das botellas de mar (2019). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/xelis-o-guieiro-das-botellas-de-mar-00049498
• Tres bichicomas, dúas illas e unha serea (2020). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/tres-bichicomas-duas-illas-e-unha-serea-00055555
• Catro plumas de dinosauro (2022). [Ebiblio] https://ebibliodacoruna.odilotk.es/info/catro-plumas-de-dinosauro-00184818