Estás en:Novas

Talleres de plastilina na Bebeteca

Talleres de balde orientados a nenos e nenas de 3 a 6 anos, impartidos por Ana Tenreiro.

Talleres de plastilina na Bebeteca

Os talleres terán lugar os sábados na Biblioteca da Deputación, de marzo a xuño. Datas dos talleres segundo as idades:


Para 3 e 4 anos serán de 11:30 a 12:30 h os sábados:
• Marzo: 4 e 18
• Abril: 1 e 22
• Maio: 13 e 27
• Xuño: 10


Para 5 e 6 anos serán de 11:30 a 13:00 h os sábados:
• Marzo: 11 e 25
• Abril; 15
• Maio: 6 e 20
• Xuño: 3


10 prazas por cada sábado. Reservar praza (1 por neno/a agás irmáns/ás) na Bebeteca ou chamando ao teléfono 981 080 174 a partir do luns anterior a cada actividade en horario de 15:00 a 20:00 h. Cada neno/a deberá estar acompañado/a por unha persoa adulta. Terán preferencia socios/as.