8M Día da muller na Biblioteca
Conmemoramos o Día da muller difundido algunhas autoras da nosa provincia, e mulleres galegas destacadas doutras disciplinas.
Aínda que as políticas de igualdade xa forman parte das actividades e planificación xeral da Biblioteca en tódolos ámbitos de xeito transversal, como todos os anos, a Biblioteca únese tamén á conmemoración e reivindicación da igualdade para as mulleres levando a cabo durante o mes de marzo unha serie de accións especiais, nas que vos convidamos a participar.
Reto #8autoras8lecturas
Un pequeno recordatorio do talento das nosas escritoras actuais e do poder das súas historias, as que non queremos deixar ler, recomendar e gozar. Trátase de contestar 8 preguntas (1 cada día do 1 ao 8 de marzo) relacionadas con obras de autoras da provincia. Podedes facelo de dúas maneiras: a través das redes sociais, ou en papel na propia Biblioteca. Ás persoas que acerten todas as preguntas entregaráselle un pequeno agasallo!
Recuncho 8M de literatura para persoas adultas
No andar de préstamo e información atoparás un recuncho con literatura de mulleres ou sobre mulleres, dispoñible para levar en préstamo. Achégate e elixe unha das obras que che propoñemos.
Marzo en feminino na EbiblioDaCoruna
Lecturas en formato dixital para profundar no coñecemento sobre a fenda de xénero, na desigualdade, pero tamén para saber máis sobre mulleres científicas, figuras destacadas, etc. Dispoñible en: EbiblioDaCoruna
Elas son protagonistas: películas
No primeiro andar atoparás unha selección de películas con historias inspiradoras ou para reflexionar, nas que as mulleres son as protagonistas. Elixe algunha das nosas propostas.Películas 2.jpg
Recuncho de lectura 8M na Biblioteca Xuvenil
Este mes, ELAS son as protagonistas! E neste recuncho poderás descubrir historias inspiradoras de nenas, mozas e persoas que te farán reflexionar. Moi recomendables!
Xogo xuvenil sobre mulleres galegas
Hai moitas mulleres galegas, valentes, que cambiaron o mundo. Elas loitaron polo que realmente querían ser, sen convencionalismos. Saberías sinalar a que profesión se dedicou cada unha delas? Se acertas recibirás un agasallo! 8M Xogo Xuvenil