Pilar Pallarés
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Pilar Pallarés García é unha poeta galega nada en Culleredo.
Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Pertenceu ao colectivo poético De amor e desamor.
Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983) e Livro das devoracións (1996). Logo seguiríanlle Poemas (2000), Leopardo son (2011) e Tempo fósil (2018), este último traducido ao castelán e ao inglés. Ademais, ten colaborado en varias revistas con estudos de crítica literaria. Actualmente exerce de profesora de literatura galega no Instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.
Entre a súa obra destacamos:
• Entre lusco e fusco (1980). Sin. GAL/1057
• Sétima soidade (1984). Sin. GAL/3724 e GAL/1233
• Rafael Dieste : caderno didáctico (1995). Sin. GAL/5103 e GAL/5184
• Livro das devoracións (1996). Sin. GAL/5774
• Leopardo son (2011). Sin. GAL/16610
• Poemas (2000).
• Tempo fósil (2018).