A Deputación inicia os trámites de expropiación para as obras de ampliación e mellora da estrada DP 4701, en Mesía, nas que investirá 1,6 millóns de euros
As obras supoñen un investimento de 1.646.460 euros, aos que se suman os 150.936 € correspondentes ás expropiacións
As obras suporán a ampliación da estrada ata os 7 metros e a construción de sendas para mellorar a seguridade peonil
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio do levantamento de actas previas á ocupación dos terreos dos 181 predios afectados polo proxecto de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial 4701, no termo municipal de Mesía
Os veciños e veciñas propietarios dos terreos están citados os 21, 22 e 23 de mearzo no local social de Cumbraos.
O proxecto supón un investimento de 1.640.460 euros, aos que se suman os 150.936 que a Deputación destina ás expropiacións necesarias para a execución das mesmas.
As obras terán lugar entre os puntos quilométricos 0+923 e 5+478 e consistirán na ampliación da plataforma ata os 7 metros de ancho, construción de beiravías de medio metro e a execución de distintos tramos de sendas peonís elevadas de formigón coloreado, de dous metros de ancho, que contribuirán a mellorar a seguridade dos veciños e veciñas nos seus desprazamentos a pé, xa que a calzada actual carece de paso peonil.
As obras complétanse coas instalación de sistema de recollida de pluviais, e a renovación da sinalización horizontal e vertical da estrada. O prazo de execución previsto é de dez meses a partir do inicio dos traballo.