Estás en:Novas

Lola Beccaria

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Lola Beccaria

María Dolores Beccaria Cigüeña, máis coñecida como Lola Beccaria, nada en Ferrol, é unha escritora galega en lingua castelá.
É doutora en filoloxía hispánica e traballou na Real Academia Española como lexicógrafa e lingüista. Actualmente desempeña o seu labor no departamento de consultas lingüísticas. Ademais, colabora como crítica literaria no suplemento cultural do xornal ABC.
Descubriu e editou unha comedia perdida de Lope de Vega, El otomano famoso (Editorial Áltera, 1996). Foi finalista do Premio Nadal no ano 2001 coa súa novela La Luna en Jorge, e en febreiro de 2009 conseguiu o Premio Azorín por El arte de perder.


Na Biblioteca da Deputación podes atopar as súas novelas:

  • La Debutante (1996) [PS/3460]
  • La Luna en Jorge (2001). Finalista do Premio Nadal [GAL/9264]
  • Una Mujer desnuda (2004) [GAL/11125]
  • Mariposas en la nieve (2006)[GAL/12549]
  • El Arte de perder (2009). Premio Azorín 2009. [3S/5074]

Na eBiblio [en formato dixital]: