Cultura da Deputación convoca o XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica
O prazo de admisión de traballos estará aberto entre o 2 de maio e o 30 de xuño
Dotado con 6.500 euros e unha exposición na Fundación CIEC para a obra gañadora, concede ademais dous accésits, consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola citada entidade
Entre o 2 de maio e o 30 de xuño estará aberto o prazo de presentación de traballos ao XVIII Premio Jesús Núñez de arte gráfica, que convoca a Deputación da Coruña na súa liña de apoio á creación artística.
Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora e unha exposición na Fundación CIEC, concede ademais dous accésits, consistentes cada un deles nunha bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola citade entidade.
Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade, que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores a este, e que presenten obras non premiadas en ningún outro concurso ou certame. Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
Myriam Gesalaga Eizagirre, coa obra "Ikatz / Harri II", foi a gañadora na edición de 2022, na que os accésits recaeron en Fátima Conesa Oliva, por "El mar recordó", e en Claudia Regueiro Puigdevall, por "s/t (open letter)". O xurado concedeu, ademais, dúas mencións de honra: para Joan Polo Campalans, por "sen título", e para Miriana Pino, por "Composizione Polifonica".