Estás en:Novas

EUROPE DIRECT A Coruña e a Biblioteca Provincial da Coruña celebran o Día das Autoras e Autores Europeos cun encontro con catro premios nacionais de literatura

A charla contará con Alba Cid e Ismael Ramos, que recibiron o galardón na categoría de Poesía Joven, e con Marilar Aleixandre e Xesús Fraga, distinguidos en Narrativa

O encontro terá lugar o luns 27 de marzo ás 18.30 horas na Biblioteca Provincial da Coruña

EUROPE DIRECT A Coruña e a Biblioteca Provincial da Coruña celebran o Día das Autoras e Autores Europeos cun encontro con catro premios nacionais de literatura

O centro EUROPE DIRECT A Coruña e a Biblioteca Provincial da Coruña celebran o primeiro Día das Autoras e Autores Europeos cun encontro literario no que participarán varios escritores e escritoras galegos que recibiron premios nacionais de narrativa e poesía nos últimos anos.

A charla contará coa voz dos premios nacionais de Poesía Joven Miguel Hernández de 2020, que recibiu Alba Cid pola súa obra Atlas, e de 2022, Ismael Ramos, que obtivo a distinción polo poemario Lixeiro. Como premios nacionais de Narrativa, estarán presentes Marilar Aleixandre, que o pasado ano acadou con As Malas Mulleres o galardón do Ministerio de Cultura, e Xesús Fraga, premiado en 2021 pola súa novela Virtudes (e misterios). O deputado delegado de Economía e Facenda da Deputación da Coruña, Antonio Leira, será o encargado de abrir o acto.

A conversa terá lugar o luns 27 de marzo ás 18.30 horas na sala Manuel López da Biblioteca Provincial da Coruña (rúa Rego de Auga, 37, A Coruña). A entrada é libre ata que se complete a capacidade da sala.

O encontro Día das Autoras e Autores Europeos versará sobre lectura, libros e diversidade da literatura europea nunha conversa conducida por Patricia Cernadas, especialista en Literatura e coordinadora dos talleres de literatura da Biblioteca Provincial da Coruña. Así, a charla tratará a relevancia dos premios, a tradución de obras, o público novo e a relación entre a literatura e as redes sociais, entre outros temas.

O Día Europeo das Autoras e Autores, que celebra por primeira vez neste ano, é unha iniciativa da Comisión Europea para conectar ás xeracións máis novas coa lectura e coa diversidade da literatura europea.

Pódese atopar máis información do encontro no seguinte enlace:https://dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2023/encuentro-literario-1-edicion-del-dia-de-los-autores-y-autoras-europes-organizado-por-europe-direct-coruna-junto-con-la-bibliote/

Tamén é posible contactar con EUROPE DIRECT A Coruña a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal