Estás en:Novas

A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia

Valentín González Formoso destaca o "carácter social" do programa PEL-Concellos, que prima a contratación de persoas con especiais dificultades de inserción laboral

91 concellos percibirán axudas de entre 19.000 e 75.000 euros para a contratación de persoal dedicado a servizos básicos municipais

A Deputación da Coruña inviste 3,5 millóns de euros para crear máis de 400 empregos nos concellos da provincia

A Deputación da Coruña vén de publicar a resolución de concesión das axudas do programa PEL-Concellos, a liña do Plan de Emprego Local (PEL) que permite aos concellos coruñeses contratar a persoas desempregadas para a prestación de servizos básicos municipais.

Este ano, un total de 91 concellos coruñeses recibirán preto de 3,5 millóns de euros para contratar a máis de 400 persoas durante un período máximo de un ano.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou o "carácter social" desta liña do PEL para fomentar a creación de emprego nos concellos, "que ofrece unha oportunidade laboral a centos de persoas con especiais dificultades para atopar un emprego nun momento económico complexo coma o actual".

"Impulsar a recuperación económica, a creación de emprego e a apoiar aos colectivos que máis o necesitan son obxectivos fundamentais do goberno da Deputación que se cumpren neste programa, que ademais contribúe a mellorar servizos básicos nos municipios da provincia", afirmou Formoso.

As persoas con maior dificultade para atopar traballo serán a prioridade

Á hora de seleccionar o persoal, os concellos deberán aplicar criterios sociais e dar prioridade á inserción de persoas que pertenzan a colectivos con maiores dificultades para acceder a un posto de traballo.

Así pois, beneficiarase a persoas maiores de 45 anos, desempregadas de longa duración, persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, pertencentes a fogares con todos os seus membros sen emprego, vítimas de violencia de xénero, en risco de exclusión laboral ou mulleres. Ademais, dentro destes colectivos, os concellos primarán a aquelas persoas que teñan rematado favorablemente programas de capacitación, formación e integración no mundo laboral organizados ou financiados polas administracións públicas.

Entre 19.000 e 75.000 euros por concello

Os importes que reciben os concellos de menos de 50.000 habitantes varían en función da porcentaxe resultante de dividir o número de persoas desempregadas en cada concello entre o número total de persoas desempregadas nos concellos de menos de 50.000 habitantes, oscilando as contías entre os 19.000 e os 52.000 euros. Pola súa banda, os concellos da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela optaban a unha contía única de 75.000 euros.

Os operarios e operarias, deberán ser contratados cunha xornada mínima semanal de 25 horas. As axudas destinaranse a sufragar os custos salariais, de Seguridade Social, as indemnizacións por fin de contrato e a formación en materia de prevención de riscos laborais das novas contratacións.

Ademais os concellos deberán ter en conta que as contratacións realizadas ao abeiro deste Programa regularanse polo Real Decreto-Lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral.

Desde a súa posta, a liña de PEL-Concellos facilitou unha oportunidade laboral a máis de 3.300 persoas desempregadas da provincia.

3.032 solicitudes de axudas para contratacións e investimentos en empresas

PEL-Concellos é unha das liñas PEL, o maior programa de emprego impulsado por unha administración local en Galicia, que contempla tamén axudas para a contratación de persoal en pemes e microempresas, para investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios, para apoiar o emprendemento e para sufragar ás cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos da provincia da Coruña.

Este ano, a Deputación recibiu 3.032 solicitudes para optar ás distintas liñas de axudas do PEL, que contan cun orzamento de 11 millóns de euros e que se darán a coñecer nunhas semanas.

BARBANZA

IMPORTE CONCEDIDO

Boiro

52.000,00 €

Carnota

37.000,00 €

Lousame

28.000,00 €

Mazaricos

30.998,25 €

Muros

46.000,00 €

Noia

48.241,52 €

Outes

37.000,00 €

Pobra do Caramiñal, A

46.000,00 €

Porto do Son

43.000,00 €

Rianxo

48.471,15 €

Ribeira

52.000,00 €

TOTAL BARBANZA

468.710,92 €

FERROL

IMPORTE CONCEDIDO

Ares

43.000,00 €

Cabanas

31.000,00 €

Capela (A)

25.000,00 €

Cariño

37.000,00 €

Cedeira

43.000,00 €

Cerdido

25.000,00 €

Fene

52.000,00 €

Ferrol

75.000,00 €

Mañón

22.000,00 €

Moeche

22.000,00 €

Monfero

22.000,00 €

Mugardos

40.000,00 €

Neda

40.000,00 €

Ortigueira

38.772,72 €

Pontedeume

46.000,00 €

Pontes (As)

49.000,00 €

San Sadurniño

28.000,00 €

Somozas, As

25.000,00 €

Valdoviño

43.000,00 €

Vilarmaior

22.000,00 €

TOTAL FERROL

728.772,72 €

CARBALLO

IMPORTE CONCEDIDO

Cabana de Bergantiños

37.000,00 €

Camariñas

39.554,57 €

Cee

49.000,00 €

Cerceda

37.000,00 €

Corcubión

27.873,70 €

Coristanco

46.000,00 €

Dumbría

37.000,00 €

Fisterra

37.000,00 €

Laracha (A)

49.000,00 €

Laxe

37.000,00 €

Malpica de Bergantiños

40.000,00 €

Muxía

37.000,00 €

Ponteceso

40.000,00 €

Vimianzo

40.000,00 €

Zas

35.691,60 €

CARBALLO

589.119,87 €

CORUÑA

IMPORTE CONCEDIDO

Abegondo

37.000,00 €

Aranga

25.000,00 €

Arteixo

52.000,00 €

Bergondo

42.851,88 €

Betanzos

51.860,40 €

Cambre

52.000,00 €

Carral

40.000,00 €

Coirós

25.000,00 €

Coruña (A)

75.000,00 €

Culleredo

48.884,94 €

Curtis

31.000,00 €

Irixoa

22.000,00 €

Mesía

25.000,00 €

Miño

43.000,00 €

Oleiros

52.000,00 €

Oza-Cesuras

37.000,00 €

Paderne

25.000,00 €

Sada

52.000,00 €

Sobrado

22.000,00 €

Vilasantar

19.000,00 €

TOTAL CORUÑA

777.597,22 €

SANTIAGO

IMPORTE CONCEDIDO

Ames

52.000,00 €

Arzúa

34.000,00 €

Baña (A)

31.000,00 €

Boimorto

25.000,00 €

Boqueixón

28.000,00 €

Brión

46.000,00 €

Dodro

31.000,00 €

Frades

25.000,00 €

Melide

43.000,00 €

Negreira

46.000,00 €

Ordes

48.992,47 €

Oroso

43.000,00 €

Padrón

49.000,00 €

Pino (O)

31.000,00 €

Rois

37.000,00 €

Santa Comba

46.000,00 €

Santiago de Compostela

74.444,59 €

Santiso

25.000,00 €

Teo

52.000,00 €

Toques

19.000,00 €

Tordoia

28.000,00 €

Touro

31.000,00 €

Trazo

25.000,00 €

Val do Dubra

28.000,00 €

Vedra

31.000,00 €

TOTAL SANTIAGO

929.437,06 €

 

 

TOTAL PROVINCIA

3.493.637,79 €