Estás en:Novas

Dores Tembrás

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Dores Tembrás

Poemarios

Dores Tembrás naceu en Bergondiño (Bergondo), e é unha escritora galega.

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña en 2001, doutorouse en 2008 cunha tese sobre Alejandra Pizarnik. Desde entón non deixou a investigación sobre a literatura hispanoamericana, centrándose na figura desta poeta, impartindo seminarios e participando en numerosos congresos e revistas especializadas.
En 2009 publica o seu primeiro poemario, O pouso do fume. Colaborou en revistas como Serta, Revista das Letras, Dorna e Caravansari. Forma parte do equipo da Editorial Apiario.

Poesía:
O pouso do fume, 2009, Espiral Maior. [GAL/15754]
Alentos ao vacío, 2010, libro de artista en diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez.
Cronoloxía da urxencia, 2014, Espiral Maior.
Auga a través, 2016, Apiario. [GAL/9839]

Literatura infanto-xuvenil:
O peizoque Roque, 2012, Galaxia.

Premios:
Premio de poesía Concello de Carral no 2013, por Cronoloxía da urxencia.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2014, por Cronoloxía da urxencia.

Páxina web da autora