Estás en:Novas

A Deputación licita por 758.000 euros a mellora da seguridade peonil na estrada de Perbes a Campolongo, en Miño

A actuación, que consiste na creación dunha senda peonil e a execución de novas beirarrúas

A Deputación licita por 758.000 euros a mellora da seguridade peonil na estrada de Perbes a Campolongo, en Miño

A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación das obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP-4802 do Concello de Miño, no tramo que vai de Perbes a Campolongo, concretamente na contorna da igrexa de San Xoán de Vilanova, por valor de 758.132 euros.

Para realizar a mellora da travesía de San Xoán, proxéctase a demolición das beirarrúas e bordos existentes, executando unhas novas beirarrúas, sen bordo e ao mesmo nivel que o vial principal. Colocarase un sumidoiro de formigón prefabricado entre a zona peonil e a estrada, adaptándoas á tipoloxía empregada de xeito habitual pola Deputación, conseguindo unha maior integración co medio e mellorando a accesibilidade dos itinerarios destinados ao tránsito peonil.

A senda peonil que se vai executar realizarase en formigón en masa de cores, cun ancho de entre 1,50 e 2 metros, dotando a toda a plataforma dunha nova capa de rodadura mediante un firme de 5, previo rego de adherencia.

En canto á drenaxe, o proxecto contempla a execución dunha rede de recollida de pluviais nas zonas necesarias. As augas superficiais recolleranse a través de desaugues que conectarán coa rede de pluviais a través de tubaxes de PVC.

As ofertas poden presentarse ata o vindeiro martes, 25 de abril.