Estás en:Novas

A Deputación aproba o convenio para financiar as obras de mellora de camiños en Trazo con un investimento de máis de 75.000 euros

A renovación da estrada que une os núcleos de Baixa e Alta permitirá amentar a seguridade viaria nun tramo de máis de 1,2 quilómetros

A Deputación asumirá o 61% da actuación, que ascende ata os 121.810 euros

A Deputación aproba o convenio para financiar as obras de mellora de camiños en Trazo con un investimento  de máis de 75.000 euros

O pleno da Deputación aprobou hoxe por unanimidade o convenio que financiará a renovación da rede de camiños que unen os núcleos de Baixa e a Alta do Concello de Trazo, cun investimento total de 121.810 euros, o 61% (75.224 euros) financiados polo organismo provincial. O obxectivo é mellorar a capa de rodaxe desta estrada, de máis de 1.160 metros.

A Deputación e o Concello de Trazo tentan manter en bo estado a rede de camiños de Trazo, tanto os que unen os distintos núcleos de poboación, como os que acceden a leiras de labrádeo ou a sitios nos que se localizan instalacións de infraestruturas como poden ser depósitos de auga, depuradoras ou centros escolares.

O camiño obxecto da actuación, cunha lonxitude de mil douscentos metros e un ancho medio de catro metros, está deteriorado polo paso do tempo e necesita dunha renovación que aumente a seguridade viaria deste tramo, que une dúas parroquias importantes do municipio.

As obras consisten na extensión dunha capa de macadam de quince centímetros, para posteriormente aplicar tres regas en toda a superficie. Tamén procederase á limpeza de cunetas por toda esta rede viaria.

O prazo previsto para acometer esta actuación é de dous meses a partir da aprobación do acto de replanteo.