Estás en:Novas

XI CONCURSO PALABRAS DE AMOR "#140ENPOSITIVO"

A Biblioteca da Deputación convoca a edición de 2023 deste concurso que xa vai polo número décimo primeiro.

XI CONCURSO PALABRAS DE AMOR


A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña convoca a 11ª décima edición do concurso "Palabras de amor: #140enpositivo"

1. Primeira. Obxecto


O concurso ten como finalidade espertar a imaxinación dos lectores e lectoras, animar a compartir as súas creacións, dinamizar a Biblioteca e facer partícipes do concurso ao conxunto de bibliotecas municipais da provincia.
Buscamos mensaxes positivas que nos impulsen e melloren no noso día a día, palabras de ánimo e apoio para compartir e animar a diferentes idades.

2. Segunda. Participantes


Poderán participar todas as persoas físicas, a partir de 7 anos, escollendo a categoría na que participa.
Quedan excluídas todas as persoas con calquera tipo de relación de servizo coa Biblioteca da Deputación da Coruña.

3. Terceira. Formato


A máxima do concurso é o pensamento positivo, así que os participantes teñen que crear unha mensaxe motivadora, de ánimo, entusiasmo, alegría ou apoio a diferentes causas: unha mensaxe en positivo.
As mensaxes terán unha extensión de 280 caracteres, os espazos contan.
Poden ser escritas en ordenador ou manuscritas.
As mensaxes poden estar escritas en galego ou castelán.
Cada participante poderá entregar ou enviar como máximo 3 mensaxes ou composicións.
As mensaxes deben ser inéditas ou non serán candidatables para os premios.

4. Cuarta. Forma de presentación


Os traballos deben presentarse dun dos dous seguintes xeitos:
- Enviando un correo electrónico a biblioteca.info@dacoruna.gal co asunto #140enpositivo, e especificando a mensaxe e os datos persoais da autoría (nome e apelidos, enderezo postal e número de teléfono) e en que categoría participan (categoría 1 para maiores de 18 anos, categoría 2 entre 12 a 17 anos e categoría 3 entre 7 e 11 anos)
- Escribindo as mensaxes nos modelos en papel dispoñibles na Sección Infantil e Xuvenil da Biblioteca ou no Servizo de Información, e deixándoas nas caixas de correo habilitados nesas salas.

5. Quinta. Prazo de presentación


O prazo no que se pode participar no concurso é do 17 de abril ao 17 de maio de 2023

6. Sexta. Premios


Os premios repártense en dúas categorías:
- Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
- Categoría 2: Entre 12 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
- Categoría 3: Entre 7 a 11 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
De entre todos os traballos presentados seleccionaremos, polo tanto, 9 gañadores ou gañadoras.

O premios consisten en:
- Categoría 1: Máis de 18 anos: no que se seleccionarán tres premiados ou premiadas.
*Un libro electrónico para o primeiro premio.
* 1 tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
* un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.

- Categoría 2: Entre 12 a 17 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
*Un libro electrónico ou tableta para o primeiro premio.
* 1 tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 75 € para o segundo premio.
* un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.

- Categoría 3: Entre 7 a 11 anos: no que seleccionarán tres premiados ou premiadas.
*Un lote de productos de escritura e manualidades para o primeiro premio valorado en 75 €
* 1 tarxeta regalo para a compra de libros valorada en 50 € para o segundo premio.
* un lote de produtos promocionais da biblioteca para o terceiro premio.

Haberá un pequeno agasallo da Biblioteca provincial para todos os participantes.

7. Sétima. Entrega do premio


Finalizado o prazo de participación, anunciaranse os premiados na páxina web da biblioteca, fisicamente na propia Biblioteca, e nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.
As persoas gañadoras serán notificadas por correo electrónico ou teléfono. Deberán aceptar o premio nun prazo de 72 horas dende a notificación. A aceptación do premio está unida á súa recollida presencial na Biblioteca da Deputación da Coruña.

8. Oitava. Dereitos e deberes


Os traballos presentados e os seus autores expoñeranse na Biblioteca e difundiranse nas redes sociais propias da Biblioteca e tamén nas da Deputación da Coruña, polo que a participación no concurso supón a aceptación da mencionada difusión.
Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña
Quedarán excluídas da participación todas aquelas mensaxes que non sexan inéditas, de contido incompleto, inapropiado ou que non se axusten ao obxecto e ás bases do concurso.
A participación neste concurso supón a aceptación completa destas bases, así como a aceptación da decisión do xurado, que será inapelable.
As bases quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Biblioteca, na páxina web e nas redes sociais da Biblioteca.

A Coruña, 15 de marzo de 2023

Bases para descargar

Cartel de 140 en positivo 2023_2.jpg