Esther F. Carrodeguas
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Esther F. Carrodeguas é actriz, directora, perfomer pero sobre todo: escritora. Rianxeira de pura raza, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. Tamén o seu estilo cabalga sobre o espazo liminal que separa os xéneros.
Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e Licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Turín, os seus proxectos teatrais beben moito da súa faceta xornalística.
Directora durante anos da histórica compañía galega Teatro Airiños, tras levar o Premio Abrente para textos teatrais en 2015 decide dar vida á plataforma profesional ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, quen adoita asumir a dirección dos proxectos comúns.
Membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro e organizadora xunto a Santiago Cortegoso do Torneo Galego de Dramaturxia, na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria en ButacaZero coa de ser dramaturga, directora teatral, docente ou guionista de cinema.
Publicacións:
• Collage (2011).
• Voaxa e Carmín (2016).
• Na butaca (Fantasía nº 3 en Dor Maior) (2017). [GAL P 56]
• Barbarie en branco e negro (2018).
• Loló e Mamá (2018).
• Fantasía nº 5 en Sol ou Non en Neorretranca e Posmorriña (2019).
• República sideral (2021). [GAL T 7]
Tamén publicou textos en revistas literarias.
Participación en obras colectivas:
• Libres e vivas (2021).
• Antoloxía de teatro galego contemporáneo (2022) [GAL T 6/1 e GAL T 6/2]
• Airiños : 90 anos de teatro do pobo (2023). [LDC/65]
Recoñecementos:
• 2015: X Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. [Voaxa e Carmín]
• 2017: Finalista ao mellor texto orixinal nos XXI Premios de Teatro María Casares. [Voaxa e Carmín]
• 2019: Finalista ao mellor texto orixinal nos XXIII Premios de Teatro María Casares. [#camiños]
• 2020: XIV PREMIO Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos. [República sideral]
• 2023: Finalista do premio a Mellor autoría teatral da XXVI edición dos Premios Max [Supernormales]
Nas redes, podes atopala como:
Twitter: @_carrodeguas
Facebook: Esther F. Carrodeguas