Estás en:Novas

Día das Letras Galegas 2023

Celebramos o día máis importante das nosas letras, este ano dedicado a Francisco Fernández del Riego

Día das Letras Galegas 2023

Desde a Biblioteca preparamos a seguinte programación para celebrar as nosas letras durante todo o mes:

Visita guiada á Biblioteca e fondos destacados

Día 16 de maio ás 12:00 h

Aproveitamos a celebración para facerche un percorrido pola historia e funcionamento da Biblioteca, e tamén para ensinarche algúns dos fondos máis destacados dos relacionados con Galicia e co galego. Inscríbete AQUÍ

Obradoiro de Letras

Día 19 de maio ás 18:00 h
Vén crear as iniciais do teu nome e usa esas letras no teu día a día.

De 7 a 12 anos.
12 prazas.
De balde
Poderán reservar praza todos os soci@s a partir do venres 12 de maio chamando ao 981 080171 en horario de 11:00 a 13:00 h e de 17:30 a 20:00 h.

Encontro do Club da Raíña Lupa con Marilar Aleixandre

Un club de lectura que naceu ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.

    • Día 19 de maio de 2023
    • Hora: 18:00 h.
    • Autora convidada: Marilar Aleixandre
    • Obra que comentaremos: "Nogard"

Inscríbete aquí

 

Lectura de "Francisco Fernández del Riego" de Ramón Nicolás no club virtual EbiblioDaCoruna

Do 24 de abril ao 19 de maio xa podes unirte á lectura do libro. O club de lectura na nube EbiblioDaCoruna é accesible e de balde para calquera persoa socia de calquera biblioteca pública municipal de calquera concello da nosa provincia. Se aínda non o probaches, solicita a túa alta para entrar tanto no club como na biblioteca dixital premendo aquí: Entra no EbiblioDaCoruna Club colle prestado o libro e desfruta dunha lectura compartida!

Libros esquecidos: rescata un libro en galego!

Do 14 ao 31 de maio

Colle prestado algúns dos libros en galego que nunca foron prestados, na Biblioteca ou na EbiblioDaCoruna. Na EbiblioDaCoruna ademáis podes participar no reto lector, as cinco persoas que máis horas lean de libros esquecidos, terán un agasallo!

Premiamos o galego

Do 14 ao 31 de maio

Todas aquelas persoas que leven algo en préstamo en galego, terán un agasallo (todas as seccións).

Celebramos a Francisco Fernández del Riego

Do 15 ao 21 de maio

Publicamos unha guía de lectura con todos os libros que podes atopar na biblioteca do autor homenaxeado este ano; entre eles hai verdadeiras xoias bibliográficas!

Na EbiblioDacoruna carrusel dedicado ás Letras Galegas 2023

Unha selección dos galardoados nesta e noutas edicións. Entra na EBIBLIODACORUNA e colle prestado no teu dispositivo!

Paneis informativos sobre Francisco Fernández del Riego

Nas salas de lectura da Biblioteca atoparás unha serie de paneis informativos sobre a figura da vida e obra do autor que conmemoramos este ano.

Guía de lectura de Francisco Fernández del Riego

Oíches falar do homenaxeado, pero non sabes ben que ler del ou por onde comezar? Na guía de lectura que preparamos atoparás moitos recursos onde elixir, todos dispoñibles na Biblioteca. Accede premendo aquí