Estás en:Novas

EBIBLIODACORUNACLUB: "Corazón que ríe, corazón que llora" de Maryse Condé

EbiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

EBIBLIODACORUNACLUB:

Dende o 16/05 ao 02/06 do 2023 estaremos lendo no Club de Lectura Dixital  "Corazón que ríe, corazón que llora" de Maryse Condé.


Profunda e inxenua, melancólica e lixeira, Maryse Condé, a gran voz das letras antillanas, explora cunha honestidade conmovedora a súa infancia e a súa mocidade. Un maxistral exercicio de autodescubrimiento que constitúe unha peza chave de toda a súa produción literaria, que lle valeu o Premio Nobel Alternativo de Literatura 2018.


Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou chatear co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente "Compartiendo lecturas" dedicado a lecturas en castelán
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.

Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.