Estás en:Novas

Premios do concurso #140enpositivo

Despois da reunión do xurado, xa desvelamos as mensaxes elixidas para ser premiadas en cada categoría no concurso que valora a positividade, a motivación e o apoio.

Premios do concurso #140enpositivo

A máxima do concurso é o pensamento positivo, así que os participantes tiveron que crear mensaxes motivadoras, de ánimo, entusiasmo, alegría ou apoio a diferentes causas: mensaxes en positivo. Despois da deliberación do xurado, xa temos o resultado do concurso. A continuación compartimos o texto da acta do xurado:

ACTA DO XURADO DO XI CONCURSO LITERARIO "PALABRAS DE AMOR" #140ENPOSITIVO

Na Coruña, o 31 de maio de 2023, cando son as 13:00 h, reunímonos os membros do Xurado do XI CONCURSO LITERARIO "PALABRAS DE AMOR" #140ENPOSITIVO, organizado pola Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, formado por Margarita Sanz Páez, Patricia Cernadas Novo, Silvia Conde Regueiro, María Carmen González Rebollido e Ana González Botana; valoramos aspectos como a motivación e positividade que transmite a mensaxe, a claridade na redacción, a orixinalidade, e a calidade literaria:

PRIMEIRO:
Dos traballos presentados na CATEGORÍA 1 (MÁIS DE 18 ANOS)
RESOLVEMOS conceder os premios do XI Concurso Literario "#140enpositivo" ás seguintes mensaxes:

1º PREMIO. CATEGORÍA 1 PERSOAS ADULTAS

"Non deixes nunca de marabillarte,
Non temas mergullar a túa alma
Nun océano de emocións,
Milagre atómico nun universo caótico,
Pois espida e baleira chegaches
Pra vestirte de bágoas i encherte de risos
Neste longo camiño ata as estrelas."

Da que é autora Silvia Nieto Míguez.

2º PREMIO. CATEGORÍA 1 PERSOAS ADULTAS

"A vida é coma unha partida de cartas, e só tes tres opcións: renunciar; deixar o xogo ó azar; ou aceptar as túas cartas, sorrirlle ó teu contrincante e desfrutar a partida coma se fose a única que vas poder xogar."
Da que é autora Estefanía Martínez Varela.

3º PREMIO. CATEGORÍA 1 PERSOAS ADULTAS
"Con determinación e paixón, conquistaremos cada desafío e alcanzaremos novas alturas! O futuro brilla intensamente, prepárate para brillar!"
Da que é autora Alba Vila Paz.

Tamén resolvemos conceder dous accésit ás seguintes mensaxes:

"Deixa que os teus beizos sexan bandeira ondeante de sorrisos e, espalla a mellor vitamina para medrar na vida. Sorrí sen cancelas."
Da que é autora María Arcos Cebreiro.

"Con los años te das cuenta de que lo realmente inefable es ser consciente de que has de ser tú tu mejor cómplice, es entonces cuando tanto la soledad como la compañía llegan a ser tan perfectas que con las mejillas arreboladas piensas: «¡ostras!, ¡qué bonita es la vida!»."
Da que é autora Eva Castro Outeiriño.

SEGUNDO:
Dos traballos presentados na CATEGORÍA 2 (DE 12 A 17 ANOS)
RESOLVEMOS conceder os premios do XI Concurso Literario "#140enpositivo" aos seguintes traballos:

1º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL

"Cada persoa ten unha luz interior que ilumina o mundo. Non deixes que os problemas apaguen esa luz. Deixa que brille sempre, coñece o teu valor e confía nas túas habilidades."

Da que é autora Yanira Albo García.

2º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL
"El tiempo no se puede pausar por eso hay que disfrutar de cada segundo; la alegría como la tristeza, furia o amor están en cada ser humano y todos son necesarios para crecer mentalmente, aprender... la vida hay que vivirla. Pasa página, tienes todo un libro para hacerlo."
Da que é autora Valentina Moure Prego.

3º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL

"Tengo una amiga, una amiga genial. Cuando la veo, se me iluminan los ojos.
Tengo una amiga, una amiga genial. Su sonrisa me alegra los días.
Tengo una amiga, una amiga genial. Siempre me brinda paz.
Tengo una amiga, una amiga genial, y bien orgullosa digo que soy yo misma."

Da que é autora Celia Gómez Pardo.

TERCEIRO:
Dos traballos presentados na CATEGORÍA 3 (DE 7 A 11 ANOS)
RESOLVEMOS conceder os premios do XI Concurso Literario "#140enpositivo" aos seguintes traballos:

1º PREMIO. CATEGORÍA 3 XUVENIL

"As boas persoas somos máis, aínda que as malas fagan máis ruído. Resiste porque venceremos."

Da que é autora Jimena Oubiña Ferreiro.

2º PREMIO. CATEGORÍA 3 XUVENIL

"Si estás aburrido y no sabes qué hacer, lo mejor que puedes experimentar es leer un buen libro."

Da que é autor Raúl Luna del Pozo.

3º PREMIO. CATEGORÍA 3 XUVENIL

"No te preocupes por nada, yo siempre estaré ahí para ayudarte. Me alegro tanto de haberte conocido, de pasar tiempo contigo, que ahora NO te pongas así y... ¡venga, anímate que eres fantástica!"

Da que é autora Alexandra Serrano Mickhavlova.

Así mesmo, despois de darmos a coñecer a autoría das mensaxes valoradas anonimamente, queremos facer un recoñecemento especial ao esforzo e constancia de varias persoas que levan participando en cada edición do concurso ao longo dos últimos anos.

A Coruña, 31 de maio de 2023

Fdo./ Mª Carmen González Rebollido

Fdo./ Margarita Sanz Páez

Fdo./ Patricia Cernadas Novo

Fdo./ Silvia Conde Regueiro

Fdo./ Ana González Botana

O acto de entrega de premios terá lugar o mércores 7 de xuño ás 19:00 h na Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany da Biblioteca, e contará coa presenza do Deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Parabéns a todas as persoas galardoadas!