Sara Vierna Fernández
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Sara Vierna Fernández
Sara Vierna Fernández é unha educadora, divulgadora e formadora en materias de igualdade e xénero nada en Ortigueira. Diplomada en Educación Social pola Universidade da Coruña, Intérprete de lingua de signos española e Máster en Género y Políticas de Igualdad pola Universitat de València. Especializouse en coeducación, educación para a igualdade e prevención da violencia de xénero.
No eido da investigación, destaca o seu traballo "Neoprincesas de tocador: Princelandia la construcción del mito de la belleza a través del juego infantil" polo que acadou o I Premio Olga Quiñones da Universitat de València.
Mais nesta ocasión, queremos destacar o seu labor no proxecto Con voz de muller, levado a cabo no Concello de Ortigueira e apoiado pola Deputación da Coruña, do que Sara Vierna Fernández e Virginia Pañeda Sanz son creadoras. O proxecto, que xa leva varias edicións, "consta de dúas fases; unha primeira parte consiste na realización de talleres de empoderamento con mulleres rurais onde durante diferentes sesións imos recollendo as súas historias de vida: o lugar onde viven e viviron, as súas infancias, a súa mocidade, a súa idade adulta e tamén os seus "agoras". Ao longo deste proceso imos explorando con elas as súas continuas contribucións á comunidade, os posibles malestares derivados do sistema patriarcal e os retos superados con valentía e resiliencia. Nunha segunda parte con todo o material recollido escribimos as súas memorias desde unha perspectiva feminista o que dá lugar á publicación dunha pequena colección con todos os seus testemuños".
Na Biblioteca podes atopar:
- Con voz de muller : San Adrián de Veiga, 2022. [LDC/48].
- Con voz de muller : Couzadoiro, 2022. [LDC/54]
- Con voz de muller : Espasante, 2020. [LDC/17]
- Con voz de muller : Mera, 2020. [LDC/18]
- Con voz de muller : Loiba, 2019 [LDC/44]
- Con voz de muller : San Claudio, 2018 [GAL/17383]
Artigos:
- De que falamos cando falamos de ciberviolencias machistas?: Canle de vídeos da Deputación Provincial A Coruña
- A Ciencia Cierta: proyecto de visibilización de las mujeres pioneras y científicas en los espacios escolares: http://hdl.handle.net/2183/15852
- La educación está en juego: https://procomun.intef.es/articulos/la-igualdad-esta-en-juego-sara-vierna-saravierna
Nas redes:
https://www.facebook.com/saravierna/?locale=es_ES
@saravierna
@almasmeraki
https://almasmeraki.es/
https://linktr.ee/AlmasMeraki