Entrega de premios do concurso #140enpositivo
Máis de 100 traballos presentados ao concurso #140enpositivo nesta 11ª edición do concurso. As persoas premiadas achegáronse o pasado mércores á Biblioteca Provincial para recoller os seus agasallos.
A máxima do concurso é o pensamento positivo, así que os participantes tiveron que crear mensaxes motivadoras, de ánimo, entusiasmo, alegría ou apoio a diferentes causas: mensaxes en positivo.
Relación completa de traballos presentados ao concurso #140enpositivo2023 ( Descargar)
1º PREMIO. CATEGORÍA 1 PERSOAS ADULTAS
"Non deixes nunca de marabillarte,
Non temas mergullar a túa alma
Nun océano de emocións,
Milagre atómico nun universo caótico,
Pois espida e baleira chegaches
Pra vestirte de bágoas i encherte de risos
Neste longo camiño ata as estrelas."
Da que é autora Silvia Nieto Míguez.
2º PREMIO. CATEGORÍA 1 PERSOAS ADULTAS
"A vida é coma unha partida de cartas, e só tes tres opcións: renunciar; deixar o xogo ó azar; ou aceptar as túas cartas, sorrirlle ó teu contrincante e desfrutar a partida coma se fose a única que vas poder xogar."
Da que é autora Estefanía Martínez Varela.
3º PREMIO. CATEGORÍA 1 PERSOAS ADULTAS
"Con determinación e paixón, conquistaremos cada desafío e alcanzaremos novas alturas! O futuro brilla intensamente, prepárate para brillar!"
Da que é autora Alba Vila Paz.
Tamén resolvemos conceder dous accésit ás seguintes mensaxes:
"Deixa que os teus beizos sexan bandeira ondeante de sorrisos e, espalla a mellor vitamina para medrar na vida. Sorrí sen cancelas."
Da que é autora María Arcos Cebreiro.
"Con los años te das cuenta de que lo realmente inefable es ser consciente de que has de ser tú tu mejor cómplice, es entonces cuando tanto la soledad como la compañía llegan a ser tan perfectas que con las mejillas arreboladas piensas: «¡ostras!, ¡qué bonita es la vida!»."
Da que é autora Eva Castro Outeiriño.
1º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL
"Cada persoa ten unha luz interior que ilumina o mundo. Non deixes que os problemas apaguen esa luz. Deixa que brille sempre, coñece o teu valor e confía nas túas habilidades."
Da que é autora Yanira Albo García.
2º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL
"El tiempo no se puede pausar por eso hay que disfrutar de cada segundo; la alegría como la tristeza, furia o amor están en cada ser humano y todos son necesarios para crecer mentalmente, aprender... la vida hay que vivirla. Pasa página, tienes todo un libro para hacerlo."
Da que é autora Valentina Moure Prego.
3º PREMIO. CATEGORÍA 2 XUVENIL
"Tengo una amiga, una amiga genial. Cuando la veo, se me iluminan los ojos.
Tengo una amiga, una amiga genial. Su sonrisa me alegra los días.
Tengo una amiga, una amiga genial. Siempre me brinda paz.
Tengo una amiga, una amiga genial, y bien orgullosa digo que soy yo misma."
Da que é autora Celia Gómez Pardo.
1º PREMIO. CATEGORÍA 3 XUVENIL
"As boas persoas somos máis, aínda que as malas fagan máis ruído. Resiste porque venceremos."
Da que é autora Jimena Oubiña Ferreiro.
2º PREMIO. CATEGORÍA 3 XUVENIL
"Si estás aburrido y no sabes qué hacer, lo mejor que puedes experimentar es leer un buen libro."
Da que é autor Raúl Luna del Pozo.
3º PREMIO. CATEGORÍA 3 XUVENIL
"No te preocupes por nada, yo siempre estaré ahí para ayudarte. Me alegro tanto de haberte conocido, de pasar tiempo contigo, que ahora NO te pongas así y... ¡venga, anímate que eres fantástica!"
Da que é autora Alexandra Serrano Mickhavlova.
Noraboa ós premiados e agardámosvos na vindeira edición do concurso!
Podedes ver as fotos da entrega de Premios no Álbum do Facebook da Biblioteca.