Estás en:Novas

Vanesa Santiago

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Vanesa Santiago

Obra

Vanesa Santiago Vázquez, nada en Fontán (Sada) é unha bibliotecaria e escritora galega. Xa de moi nova manifestaba a súa paixón pola literatura e a escritura.

É titulada en Biblioteconomía e Documentación. Actualmente compaxina o emprego en bibliotecas, o activismo cultural e a escrita. Escribiu novelas, relatos e algún que outro verso. En 2017 recibiu o I Premio Illa Nova de Narrativa, da Editorial Galaxia, por A vida sinxela de Marcelo Firmamento. Tamén publicou en castelán unha novela curta e un feixe de relatos. Colabora coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Obra

Ninguén lembra (2013, Urco Editora; novela fantástica)
A vida sinxela de Marcelo Firmamento (2017, Editorial Galaxia; novela). [GAL/16965]
O libro dos libros (2018, Galaxia), libro colectivo no que participa co relato "Lisa Parks e a raíña proscrita". [GAL/12670]
As probas do mago (2022, Boadicea; xuvenil)

Premios

• Premio Illa Nova 2017 por A vida sinxela de Marcelo Firmamento

A autora por ela mesma

"Un día nacín. Chamáronme Vanesa. Saín torradiña da fornada de 1983, cando Internet era embrionaria e nas pantallas estreaban futuros mitos como O equipo A ou O retorno do Jedi. Son de Fontán, un lugar onde todo é posíbel, coa súa praia, o seu castelo, as súas casas como balcóns sobre o porto, o seu Nordés, mar aos pés... Gusto de apampar mirando ese mar, sacar fotografías de zapatos, e pintar espirais nas marxes dos cadernos. Teño un papel estampado que di que son bibliotecaria (e documentalista), así que cando me deixan (a cousa está frouxa) traballo rodeada de libros. Tamén os leo, ás veces a pares, e sospeito que son alérxica ao po que acumulan, pero non temo á morte. Hai pouco descubrín que nunca daba lido o que tes entre as mans. Por iso tiven que escribilo." Ficha da autora na páxina da editora Urco.

Nas redes

Twitter: @VanesaSantiagoV

Facebook: Vanesa Santiago 

Entrevista en caderno da crítica

Entrevista en Lecturafilia

Prensa: Voz de Galicia 2000, Voz de Galicia 2017.

Vídeos

As probas do mago (Contos Estraños)

Balcóns de lectura

Cultura Local para o confinamento (Areal AC Suárez Picallo)