Estás en:Novas

As producións audiovisuais virtuais e a Intelixencia Artificial cobran protagonismo na XXI edición de Mundos Digitales na Coruña

A Deputación apoia o XXI Congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media Mundos Digitales

No marco das actuacións que se van desenvolver con Mundos Digitales, a Deputación promove o Concurso xuvenil de deseño de personaxes para animación e videoxogos

As producións audiovisuais virtuais e a Intelixencia Artificial cobran protagonismo na XXI edición de Mundos Digitales na Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou hoxe en Palexco na xornada de presentación do XXI Congreso internacional de animación, efectos visuais e novos media de Mundos Digitales, xunto con Julio Abalde, reitor da Universidade da Coruña; Inés Rey, alcaldesa da Coruña; Jacobo Sutil director de AGADIC, e Manuel Meijide, director de Mundos Digitales.

Este evento, único en España, terá lugar do 6 ao 8 de xullo en Palexco e xirará en torno a un programa de conferencias impartidas por especialistas de diferentes empresas do sector audiovisual.

Formoso destacou a presenza de importantes figuras do ámbito da animación e os efectos visuais como o supevisor de fx de Avatar, o director de animación de Supermario Bros ou o creador de personaxes da película Pincocho, de Guillermo del Toro, Óscar á mellor película de animación deste ano e agradeceu o traballo realizado por Manuel Meijide e o seu equipo durante máis de dúas décadas para converter A Coruña na referencia do sector con este congreso internacional.

No marco da estratexia de apoio e fomento do sector audiovisual a Deputación, ademais de apoiar a organización deste congreso, tamén está a colaborar con Mundos Digitales na organización dun Concurso xuvenil de deseño de personaxes para animación e videoxogos.

Na edición deste ano terán especial protagonismo as producións audiovisuais virtuais e a intelixencia artificial, dous ámbitos nos que A Coruña terá un especial protagonismo grazas á posta en marcha por parte da Deputación do CEI (Coruña Estudo Inmersivo), que será o maior plató virtual de España e se situará na Cidade das TIC, así como a AESIA, que terá a súa sede central na cidade herculina.

Coruña Estudo Inmersivo (CEI), impulsado pola Deputación cun investimento total de 8 millóns de euros cofinanciado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España e fondos propios da entidade provincial "é un claro exemplo de cando as diferentes administracións amosan a súa colaboración, os proxectos saen adiante", destacou Valentín González Formoso.

Coa elección da Cidade das TIC como emprazamento pretende crear sinerxias co sector tecnolóxico das entidades e empresas que alí se instalen. O estudo virtual permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos.

González Formoso apuntou que o proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro del Plan España, Hub audiovisual de Europa dotado con más de 1.600 millóns de orzamento ata 2025. A través deste programa preténdese transformar o ecosistema audiovisual do país, e impulsar a súa internacionalización e competencia nos mercados internacionais.

Concurso xuvenil de deseño de personaxes para animación e videoxogos

A Deputación promove tamén en Mundos Digitales o Concurso xuvenil de deseño de personaxes para animación e videoxogos para mozos e mozas da provincia de entre 12 e 18 anos.
A finalidade deste concurso é achegar aos máis novos as potencialidades deste sector, que conta cunhas expectativas de empregabilidade e traxectoria empresarial en auxe, e espertar o interese da mocidade na creación de personaxes dixitais, fomentando á súa vez a creatividade e a curiosidade.

O premio deste concurso consistirá na participación dun Obradoiro de Creación de Personaxes impartido por Marcos Raya, deseñador de personaxes e concept artist que na súa traxectoria profesional ten realizado proxectos para empresas como Playstation, Xbox, Nintendo, Nickelodeon ou Disney.