Estás en:Novas

A Deputación da Coruña licita por 6,1 millóns de euros a adquisición do equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC

O CEI (Coruña Estudo Inmersivo) cumprirá cos estándares de calidade dos principais operadores do sector para produccións cinematográficas e audiovisuais

Será o maior estudo de producción virtual de España e está cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU

A Deputación da Coruña licita por 6,1 millóns de euros a adquisición do equipamento do estudo audiovisual virtual da Cidade das TIC

A Deputación da Coruña vén de publicar no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación do equipamento tecnolóxico do estudo audiovisual virtual Coruña Estudo Inmersivo (CEI), cun orzamento de 6.118.970 euros, cofinanciado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.

A licitación inclúe a adquisición, instalación e posta en funcionamento do equipamento audiovisual do centro de produción virtual VPxR, que deberá cumprir cos estándares de calidade requeridos polos principais operadores do sector (Netflix, HBO, Mosvistar +, Amazon Prime, Disney +...) para producións cinematográficas e audiovisuais.

O presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou que Coruña Estudo Inmrsivo (CEI) "contará coa tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual e situará á provincia da Coruña como un polo de referencia neste eido, posicionándonos na vangarda internacional e mellorando a competitividade das empresas galegas do sector e de Galicia como localización de producións de cine, televisión ou videoxogos"

A subministración inclúe o sistemas de pantallas LED, cunha pantalla semicircular cun mínimo de 28 metros de longo e 6 de alto e resolución mínima de 4K e a súa correspondente pantalla de teito móbil de máis de 100 metros cadrados, coa que se crearán fondos envolventes e dinámicos, dotados de perspectiva e profundidade. Este sistema de pantallas, que permite recrear con absoluto realismo e capacidade inmersiva calquera escenario real ou virtual, irá emprazado nun gran plató de 750 metros cadrados co que contará o novo edificio.

Ademais, a licitación inclúe a dotación dun sistema de iluminación xeral e de reforzo, sistemas de cámaras e ópticas cos seus soportes e accesorios, sistema de tracking, sistema de escenografía virtual, xestión de media, infraestrutura de vídeo e rede de datos. Tamén se inclúe o sistema eléctrico e a dotación tecnolóxica das salas VFX e de posprodución. Todo o equipamento debe funcionar de forma integrada.

A combinación dos sistemas de execnografía virtual VR/AR/XR e pantallas LED deberán posibilitar aos produtores de cine e televisión a creación de contornas virtuais altamente detallados e realistas que ofrezan unha experiencia inmersiva ao espectador e que posibiliten a creación de contido interactivo e de realidade aumentada de forma que os actores poidan interactuar cos elementos vrituais en tempo real.

O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas na licitación remata o vindeiro 26 de xullo e o prazo de entrega será de cen días a partir da formalización do contrato.

Ademais do equipamento, a Deputación xa completou a redacción do proxecto de construción do edificio que albergará o CEI nun edificio de nova construción situado na Cidade das TIC da Coruña, cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros se reservan para albergar o plató virtual.

 logo financiado union europea nextgenerationeu logo-gobierno-españa   logos Plan de Recuperacion

---