Estás en:Novas

Publicación das axudas concedidas para a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230703/AnuncioG0655-230623-0006_gl.pdf