Estás en:Novas

A Deputación felicita ao Consello da Cultura Galega polos seus 40 anos de defensa dos valores culturais de Galicia

O presidente en funcións, Valentín González Formoso, asistiu ao acto do aniversario da entidade en Santiago 

A Deputación felicita ao Consello da Cultura Galega polos seus 40 anos de defensa dos valores culturais de Galicia

O acto institucional do 40  aniversario do  Consello da Cultura Galega (CCG) celebrouse este venres en Santiago e contou coa asistencia de numerosas autoridades, entre elas o presidente en funcións da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que destacou o compromiso da entidade coa defensa dos valores culturais de Galicia. 

No acto interviñeron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, e a presidenta da institución, Rosario Álvarez. 

O acto iniciouse cun vídeo explicativo desde a creación do Estatuto de Autonomía Galega e no que se expuxeron a "razón de ser da institución" que pasa por "un traballo de análise e preservación" que debe actuar en defensa de promoción dos valores culturais do patrimonio galego.

A presidenta do Consello lembrou os anteriores presidentes da institución e a todo os que formaron parte da organigrama que se sucederon para "cumprir coas altas misións encomendadas".

Así, detallou que a traxectoria do CCG estivo marcada pola "progresión continua, a pluralidade e unha progresiva incorporación das mulleres nos órganos e traballos desenvolvidos".

Álvarez incidiu en que, neste catro décadas, a estrutura interna "foi madurando e medrando" mediante a creación de novas seccións, comisións e arquivos e remarcou que a cultura "é un dereito do que ninguén pode ser excluído". "Definímonos con determinación como a casa de todos", esgrimiu.