Estás en:Novas

FHN. Convocatoria de libre designación, do posto de Oficial maior do Concello da Coruña.

Ministerio de Facenda e Función Pública

Resolución do 30 de xuño de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, polo sistema de libre designación.
Corporación: Concello da Coruña.
Denominación do posto: Oficial Maior.
Complemento específico anual: 46.688.32 euros.
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionarios de Administración Local con Habilitación de Carácter Nacional, subescala de Secretaría, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 16 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre a convocatoria polo sistema de Libre Designación do posto de Oficial Maior, reservado a funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter nacional. Publicada no «Diario Oficial de Galicia» do 28 de xuño de 2023.
Coñecemento da lingua propia da Comunidade Autónoma: Estar en posesión do certificado de lingua galega Celga 4 ou do seu equivalente. Quen non acredite estar en posesión do Celga 4 ou o seu equivalente, deberán realizar proba de carácter eliminatorio no que se avaliará o grao de coñecemento de galego, que deberá ser equivalente ao esixido para o Celga 4.

https://www.boe.es/boe/dias/2023/07/15/pdfs/BOE-A-2023-16417.pdf