Estás en:Novas

Orde HFP/793/2023 que revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular.

Ministerio de Facenda e Función Pública

Orde HFP/793/2023, do 12 de xullo, pola que se revisa o importe da indemnización por uso de vehículo particular establecida no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
Artigo 1. Revisión do importe da indemnización.
Actualízase o importe da indemnización para percibir como gasto de viaxe polo uso de vehículo particular en comisión de servizo, establecida no artigo 18.1 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, que queda fixado en 0,26 euros por quilómetro percorrido polo uso de automóbiles e en 0,106 euros por quilómetro percorrido polo uso de motocicletas.
(...)
Disposición final única. Entrada en vigor.
Esta Orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado».

https://www.boe.es/boe/dias/2023/07/17/pdfs/BOE-A-2023-16462.pdf