Estás en:Novas

Anuncio de convocatoria pública de provisión de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2023 pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión de Goberno que aprobou anunciar a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Denominación do posto de traballo: auditor-director técnico.

Código do posto de traballo: CC.F01.02.01.
Localidade: Santiago de Compostela.
Subgrupo: A1.
Nivel de complemento de destino: 30.
Complemento específico: 33.487,92 €.
Corpo-escala: xeral/especial.
Adscrición administracións públicas: Comunidade Autónoma de Galicia, outras comunidades, Estado, corporacións locais e institucións de control externo estatais ou autonómicas (ICEX) (A12).
Formación específica:
Requisito imprescindible: experiencia de cinco anos en funcións de control interno ou externo do sector público.
Méritos: experiencia en funcións de dirección, planificación e dirección de actuacións de fiscalización do sector público.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230720/AnuncioO10-120723-0001_gl.pdf