Estás en:Novas

A Deputación da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia destinan 1,2 millóns para financiar accións de promoción turística na provincia

Promoción do Camiño de Santiago, turismo deportivo e gastronómico son os tres eixos do acordo, aprobado hoxe por unanimidade no pleno da Deputación

A Deputación da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia destinan 1,2 millóns para financiar accións de promoción turística na provincia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade un convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia para financiar actuacións de promoción turística da provincia, cun investimento previsto de 1,2 millóns de euros.

A sesión extraordinaria estivo presidida por Xosé Regueira como presidente en funcións da Deputación da Coruña.

O convenio contempla unha achega económica de 600.000 euros por parte da Deputación da Coruña, un 50% do orzamento total, e outros 600.000 por parte da Axencia de Turismo de Galicia.

Con cargo ao convenio financiaranse actuacións de promoción do Camiño de Santiago a través do turismo de congresos; promoción do turismo deportivo a través da organización de eventos e promoción do turismo gastronómico a través da organización de feiras e mostras vinculadas á gastronomía. Cada un destes tres eixos terá unha achega máxima de 400.000 euros (200.000 € da Deputación da Coruña e 200.000 € da Axencia de Turismo de Galicia).

As feiras, congresos e eventos culturais e deportivos que se apoiarán con este convenio implican un gran impacto económico e turístico que chega máis aló das datas que abarcan os eventos.